^ Ir arriba

novas

Thursday, 27 October 2016 22:05

O Concello de Gondomar publicará a próxima semana as subvencións de libre concorrencia.

A concelleira de Igualdade, Deporte e Cultura Nuria Lameiro, anunciou hoxe que as subvencións de libre concorrencia publicaranse entre esta semana e a primeira de Novembro. Nuria recomenda as asociacions estar atentos a páxina Web, o tablón de anuncios e o facebook do Concello, lugares nos que sairán publicadas.

A concelleira recorda que as asociacións culturais e deportivas deben seguir unha serie de trámites novos a hora de solicitar tanto subvencións coma convenios, dende a entrada en vigor da lei 39/2015.

As persoas xurídicas (asociacións culturais, veciñais, deportivas etc) están obrigadas a relacionarse coas administracións de maneira electrónica. É dicir, desaparecerá o papel nunha serie de procesos.

Para poder levar a cabo solicitudes coma as subvencións, as asociacións deben ter un certificado electrónico. Este certificado será o método de representación da asociación ante a administración. Primeiro debemos solicitar como asociación o certificado na páxina Web da Fábrica da Moeda e Timbre (F.N.M.T). No momento no que realicemos a solicitude llegaranos un correo electrónico con unha clave e un usuario
Esta clave caduca en 3 días e debe ser validada nas oficinas da Seguridade Social (Baiona) ou da Axencia Tributaria (Vigo). Para realizar a validación do certificado é necesario presentar o estatuto, e o CIF da asociación; así como a clave e o usuario que recibimos.

Cando realizamos a validación, dende o mismo ordenador no que o solicitaramos, debemos descargar o certificado. De esta maneira teremos o certificado dixital para a tramitación. O certificado dixital é por tanto unha clave e un usuario que teremos que ingresar cando realicemos trámites coa administración.
No caso das asociacións non resulta necesario incluir este certificado dentro dunha tarxeta (habería que adquirila na F.N.M.T); só debemos lembrar o usuario e a clave para poder facer uso del.

O Concello de Gondomar conta cun punto no que poderán realizar a solicitude do certificado e ser asesorados nestos temas (Rexistro do Concello).