Esta semana iniciáronse as tarefas de limpeza das marquesiñas de Gondomar, ao longo da semana os operarios ocupáronse de eliminar publicidade, grafitis, cartelería de todo tipo, maleza e mesmo de desinfectar estes elementos do mobiliario urbano.
Ao mesmo tempo que levouse a cabo este labor de limpeza por parte dos operarios, Francisco Ferreira e Iria Lamas revisaron a instalación de bancos e papeleiras nas beirarrúas das rúas de Gondomar.
Desde a Alcaldía barállase a posibilidade de colocar novas marquesiñas, nunha segunda fase dos traballos, da mesma maneira que se colocaron bancos e papeleiras novas nesta primeira fase. Lémbrase tamén, que os gondomareños teñen á súa disposición taboleiros de anuncios nas oficinas da Omix, no Pavillón de Deportes de Gondomar e no auditorio Lois Tobío, unhas alternativas adaptadas para publicidade e cartelería, ao contrario que as paradas dos autobuses.