O tema que se trata nestas asambleas é a explicación do borrador do PXOM. O alcalde Paco Ferreira, o Concelleiro de urbanismo Antonio Arauxo e varios concelleiros da corporación son os encargados de dar a coñecer o estado do mencionado borrador. Deixamos unhas fotos das asambleas desta fin de semana levadas a cabo nas parroquias de Couso e Peitieiros nas que acudiron a cita os concelleiros Xosé Antón Arauxo e Rocío Cambra respectivamente.