^ Ir arriba

novas

Thursday, 08 September 2016 09:43

Rubén Rodríguez, bronce en Aranjuez

O club de tiro con arco de Aranxuez, organizaba o Campionato de España de menores de 14 anos.

Comezaría a proba a mañá do pasado sábado día 3, na que terían que realizar dous percorridos de 24 dianas cada un.
Foi na categoría reina de arco composto onde houbo unha loita de principio a fin polo 2º,3º e 4º posto xa que o Madrileño Hugo Rollan cunha puntuación de 996 puntos sería primeiro sen dar a mais mínima opción , o segundo posto levaríallo o asturiano Iker Sanchez 865 puntos, o terceiro foi o porteiro de Vincios, Ruben Rodríguez con 862 puntos, o cuarto Adrian Neves 858 quedaría ás portas do podio, o bronce se decidiu na ultíma diana xa que Ruben estaba 1 punto por baixo do Madrileño Adrian ao que remonto nas dúas últimas frechas facendo un pleno.
Os participantes tiveron que soportar entre as 10 e as 3 das tarde temperaturas de preto de 40 graos.
Ruben Rodríguez "aínda bebendo moito, fíxoseme moi difícil a competición ao non estar afeito a esas temperaturas"