^ Ir arriba

novas

Friday, 19 June 2015 19:59

Dará comenzo en Gondomar un curso de Inciación á Fotografía Dixital

Este curso llevarase a cabo no mes de xullo, dous días a semana en horario de 10:00 a 13:00 horas

A Concellaría de Xunventude do concello de Gondomar vai por en marcha un curso de Iniciación á fotografía dixital para mozos e mozas entre 15 e 25 anos que desexen sacar o máximo partido a súa cámara, coñecendo os seus segredos e espremendo o máximo a creatividade de cada un .Este curso vaise levar a cabo no mes de xullo , dous días a semana en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Os interesados en inscribirse teñen que recoller a solicitude na OMIXs do 8 ao 26 de xuño. Para máis información poden dirixirse a OMIX, situada na Casa da Cultura ou porse en contacto a través do 986.369.746 ou This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it..