^ Ir arriba

novas

Thursday, 21 May 2015 09:46

A Compañía A Panadaría actuará no Auditorio Luis Tobío co espectáculo PAN! PAN!

O espectáculo terá lugar o sábado 23 ás 22 horas cun prezo de 3,50€ a entrada

Cartel Compañía a Panadaría espectáculo PAN PAN O auditorio LoisTobío acolle o sábado 23 ás 22 horas unha proposta destacada dentro da programación teatral que a Concellería de Cultura do Concello de Gondomar deseñou para esta tempada. Trátase do espectáculo PAN! PAN!, un espectáculo representado pola compañía A Panadaría e cuio prezo de entrada será de 3,50€. Dita compañía de teatro está composta por tres mulleres e xa contan co "1º Premio Xuventude Crea".

O espectáculo PAN! PAN! conta a historia de Harry, un cowboy americano que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que roubou a súa muller, da que está profundamente namorado. A través da aventura deste antiheroe, fan que descubramos ese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as pestilentes cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do Far West, haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais!

Partindo dun escenario baleiro, e como na nouvelle cuisine, desmontan, cuestionan e reconstruen os vellos westerns do lonxano oeste. Unha
homenaxe de tres actrices, con moito humor e retranca, a esas películas cheas de homes salvaxes e sucios coas que nós, os nosos pais e avós medraron. 8 personaxes, 5 espazos e toda a banda sonora desta obra creada por só tres intérpretes. Todo o espectáculo é en directo, sen artificios, sen trampa e a música e a interpretación teatral terán un papel destacado.