^ Ir arriba

novas

Wednesday, 13 May 2015 07:49

Instalación de novas marquesiñas en Gondomar

A Concellaría de Educación despois de realizar unha serie de reunións cos técnicos da xerencia de urbanismo, así como da Policía Local, estudaron as proposta de instalación dunhas marquesiñas en distintas localidades do municipio de Gondomar.

Despois da valoración polas distintas partes, coa colaboración do Departamento de Educación, nas reunións que se mantiveron, decidiuse instalar 2 marquesiñas en Vincios por petición do A.M.P.A, dúas en Peitieiros por petición de Ana Isabel Francisco, concelleira do P.S.O.E e outra na parroquia de Vilaza, unha demanda dos veciños, que esperaban á intemperie, evitando así que sufran as inclemencias do tempo, en inverno e en verán.

Dende o concello colabórase, para darlle a mellor solución a estas demandas, prestando todo o interese por emendar este problema tan necesario, para os usuarios do medio de transporte público.