^ Ir arriba

novas

Tuesday, 12 May 2015 07:46

Campionato de España Escolar 2015 en tenis de mesa

Anxo Igrexas e Andrés Torres, representaron a A.D. Vincios

Albacete acolleu dende o pasado 30 de abril ata o domingo 4 de Maio, o Campionato de España en Idade Escolar por seleccións autonómicas onde se deron cita máis de 160 deportistas que competeron en tenis de mesa nas categorías de equipos e individuais, infantís e cadete. Uns campionatos que convoca cada ano Consello Superior de Deportes.

A selección galega de Tenis de mesa viaxou a Albacete, entre os xogadores estiveron representantes da A.D. Vincios, Anxo Iglesias e Andrés Torres, acompañados do seu adestrador Ángel Iglesias.

Extraordinario papel das seleccións galegas Infantil Feminino, Cadete Masculino e Cadete Feminino ao clasificarse como subcampións/as de España e un moi merecido posto para a categoría Infantil Masculina, ao conseguir a quinta posición.

Estes nenos volveron a casa cun total de 3 pratas e 2 bronces.