^ Ir arriba

novas

Thursday, 23 April 2015 07:44

Últimas prazas no curso de “Elaboración de marionetas de fío" en Gondomar

As datas de realización do curso irán do 4-19 de maio

A Concellaría de Xuventude do Concello de Gondomar puxo en marcha un curso de "Elaboración de marionetas de fío". Estas xornadas de aprendizaxe, contarán cun total de 50 horas que se impartirán entre o 4 e o 19 de maio.Este curso práctico na súatotalidade, repartirase en catro fases. Unhaprimeira fase ondedeseñarán a súa marioneta e planificarán a súaconstrución, unha segunda fase que consistirá en construír o prototipo e a posta de fíos, como terceiro paso crearán o personaxe buscando a expresividade coa pintura e o vestiario e por último, practicarán os movementos básicos dunha marioneta.

Este curso vaidirixido preferentemente a mozos e mozas de entre 18-35 anos, do Concello de Gondomar, cuxo perfil profesional estea orientado ao ocio e tempo libre. Están dispoñibles as últimas prazas ata o día 30 de abril, na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Gondomar, os interesados poderánpoñerse en contacto no número de teléfono 986.369.746.