^ Ir arriba

novas

Wednesday, 08 April 2015 18:53

O Trofeo Xunta de Galicia reunirá en Gondomar máis de setenta patinadores

O C.P.A Gondomar é o encargado de organizar esta competición oficial de 1ª Categoría do 2015, o día 11 de Abril

Este sábado 11 de abril, máis de 70 patinadores de toda a provincia, reuniranse no Pavillón C.E.I.P. de Donas, no concello de Gondomar, para disputar a fase Autonómica Provincial do Trofeo Xunta de Galicia, que este ano debido ao gran número de participantes se celebrará o mesmo día na Coruña.

Esta competición oficial de 1ª Categoría do 2015, convocada pola Federación Galega de Patinaxe, este ano estará organizada por primeira vez polo C.P. A Gondomar; reunirá patinadores de toda a provincia de Pontevedra, para as categorías de Benxamín a Sénior, en modalidade libre e só dance. Este campionato celebrarase en horario de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:45, finalizando coa entrega de trofeos e medallas.

O Club de Patinaxe Artístico Gondomar presentará a sete dos seus patinadores de 1º Categoría na modalidade libre, todos eles con grande experiencia e participantes en campionatos a nivel Europeo, Nacional ou Autonómico. Este Club que dende que iniciou a súa andaina no mundo da patinaxe demostrou a valía de todos os seus patinadores; sentíndose moi orgulloso dos pasos que van dando tanto a nivel competición, coma a nivel organización, xa que para este ano teñen prevista a organización do campionato Provincial, que se celebrará o día 9 de Maio, sumando un total de tres competicións organizadas e non descartando preparar novos eventos a nivel Autonómico como Nacional.