^ Ir arriba

novas

Thursday, 26 March 2015 19:03

O alcalde de Gondomar visita as participantes no curso de Flores Secas

Este curso ampliouse en 30 horas debido ao interese mostrado polas alumnas

IMG-20150326-WA0000 2Fernando Guitián, alcalde de Gondomar acompañado do concelleiro de cultura, Ignacio Troncoso e a concelleira de Benestar Patricia Durán, visitaron a mañá de hoxe as participantes no curso de Flores Secas, que se está a impartir no Centro Cultural de Borreiros, onde as alumnas mostraron o labor que se está a levar a cabo, presentando a confección de varios ramos, centros e outras composicións florais.

Este curso, promovido pola Deputación dentro do programa "Pensa en ti", suscitou un grande interese entre as aprendices, polo que se ampliou a súa durabilidade en 30 horas, finalizando deste xeito no mes de Maio. Esta ampliación do horario de formación, facilitará ás participantes aprender as múltiples técnicas e as últimas tendencias en composición floral.

Fernando Guitián, alcalde de Gondomar, séntese moi satisfeito do interese que presentou este tipo de curso, que permite ás alumnas ampliar a súa formación e destreza, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias, facilitando a súa incorporación ao mundo laboral.