^ Ir arriba

novas

Thursday, 26 March 2015 19:01

Benestar Social de Gondomar organiza unha excursión a Asturias para maiores de 55 anos

As persoas interesadas en reservar praza deberán facelo antes do 11 de abril
A Concellaría de Benestar Social do Concello de Gondomar, a través da Axencia de Viaxes PONTETUR, organiza unha excursión-viaxe para maiores de 55 anos a Asturias.

A data desta viaxe, será o vindeiro día 4 de Maio e constará de 5 días e catro noites de luns a venres.

O prezo, de 212 € por persoa, inclúe hotel de tres estrelas en Gijón en réximen de Pensión Completa, bebida en comidas e ceas, transporte en Autocar Gran Turismo, guía acompañante, guía local oficial medio día en Oviedo, comida en Restaurante Concertado en Cangas de Onís, visitas e excursións relacionadas no programa, entradas e visita guiada Museo da Minería e o seguro de asistencia.

Serán cinco días nos que visitarán Cudillero, Gijón, Oviedo, Candás-Luanco, Cabo Peñas, Ribadesella, Lastres, El Entrego, Cangas de Onís, Covadonga, Llanes, Villaviciosa, Tazones, Luarca. Podendo disfrutar de todos os monumentos históricos e vistas panorámicas que lles ofrecerán as distintas zonas.

As persoas interesadas en reservar praza deberán facelo antes do 11 DE ABRIL, para máis información deberán dirixirse o Departamento de Benestar Social, sito na Casa da Cultura.