^ Ir arriba

novas

Friday, 20 February 2015 07:36

Segue aberta a inscrición para o curso de pintor/a

O prazo rematará o próximo mércores 25 de febreiro

O Centro de Información á Muller de Gondomar, pon en marcha neste ano 2015 un novo curso de pintor/a dirixido preferentemente a mulleres de Gondomar paradas de longa duración.

O curso gratuíto e de 80 horas de duración, repartido en 40 horas de formación teórica e 40 de formación práctica, ten como obxectivo proporcionar coñecementos básicos sobre os diferentes tipos de pinturas, preparado de superficies, condicionantes de aplicación e remates, incluíndo formación en prevención de riscos laborais en traballos de pintura.

O curso espertou grande interese entre os veciños/as de Gondomar, xa que son poucas as prazas que aínda quedan libres. Para todos aqueles que desexen participar, recordar que o prazo de inscrición segue aberto e que rematará o próximo 25 de Febreiro.

A inscrición poderá formalizarse no Centro de Información á Muller sito na Casa da Cultura, R/ Portugal s/n; no teléfono 986 360 224 ou nos correos electrónicos This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. ou This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it..