^ Ir arriba

novas

Monday, 09 February 2015 07:40

Nova acción formativa sobre monitor ou animador

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do concello de Gondomar, vén de propoñer un novo curso de monitor@ ou animador@ de festas e aniversario.

Con este novo curso, a OMIX pretende presentar esta oferta a xente que queira dedicarse ao mundo do ocio e a animación.
Esta nova acción formativa vai dirixida preferentemente a rapaces e rapazas do concello de Gondomar en situación de desemprego e con formación e interese no mundo do ocio.

O prazo da inscrición será entre os días 2 e 18 de Febreiro, pasando durante este período polas oficinas da OMIX do concello de Gondomar para poder encher a solicitude.

Para máis información os interesados poderán chamar o 986.369.746 ou enviar un correo electrónico ao correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.