^ Ir arriba

novas

Monday, 09 February 2015 07:34

Preséntase o boletín nº 1 "Gondomar Emerxe"

Unha publicación mensual durante o ano en curso recollerá o talento dos mozos de Gondomar

Este novo proxecto presentado pola concellaría de Xuventude do concello de Gondomar, dirixida por José Ignacio Troncoso Quintas, pretende revelar a valía e o traballo á sociedade da xuventude emerxente no concello, mozos cun relevante percorrido.

O concello de Gondomar publicará mensualmente un boletín poñendo en valor o esforzo destes xenios, no que aparecerá reflectido, entrevistas, inquietudes, logros e comezos, este folleto divulgarase a través da Web de concello e en todos os edificios públicos pretendendo deste modo chegar á maior parte da cidadanía.

O boletín nº1 presentará á vocalista Eva Correa Fontán, veciña de Peitieiros de 22 anos de idade, estudante de Publicidade e Relacións Públicas.

Eva forma parte do grupo "Ameva Dúo", onde interpreta co seu amigo da infancia Diego Bea Besada á fronte da guitarra, versións dos seus grupos favoritos, en varios locais de Gondomar ou de concellos próximos.

Ameva Dúo, valorando o difícil que é empezar séntense moi orgullosos do reto que lograron emprender.

Este grupo para poder satisfacer ao público puxo en marcha o método que eles denominan "Youbox", que consiste en depositar nun caixa a canción que o público queira escoitar no seu próximo concerto, iso fai que se sintan acollidos coas súas interpretacións.

Os integrantes de Ameva Dúo manifestan que aínda que non poden vivir da súa gran paixón que é a música, se senten moi satisfeitos con este desafío, ao que seguirán dedicando o seu tempo e no que pretenden ampliar a súa formación.

O concelleiro de xuventude José Ignacio declara que "poder axudar a divulgar o talento dos mozos do noso concello é un obxectivo que nos marcamos e polo que non imos deixar de esforzarnos".