^ Ir arriba

novas

Wednesday, 28 January 2015 23:47

A Xunta de Galicia adxudica a construción do Centro de saúde de Gondomar

CORSAN-CORVIAM será a construtora encargada de levar a cabo o proxecto

O centro conta cun presuposto de 2,4 millóns de euros e un prazo de execución de 12 meses

O Servizo Galego de Saude vén de adxudicar á empresa CORSAN-CORVIAM a construción do centro desaude de Gondomar que lle foi adxudicado entre as 12 empresas presentadas, este centro está cofinanciado ao 80% polo programa Feder 2007-2013, cun presuposto de 2.4 millóns de euros e un prazo de execución de 12 meses.

O centro dispoñerá dunha superficie superior aos 1.600 m2, repartidos en 12 consultas destinadas a distintas especialidades.

O centro de saúde é un dos grandes proxectos que o goberno de Gondomar estivo a xestionar durante esta lexislatura, este centro atenderá a uns 10.400 veciños proporcionándolle unha infraestrutura moderna e adaptada ás necesidades de saúde, presentes e futuras do municipio, manifestando Fernando Guitián alcalde de Gondomar "unha gran satisfacción por poder ofrecer a todos os veciños o centro que necesitaban e se merece ademais de cumprir co compromiso adquirido cos seus veciños"