^ Ir arriba

novas

Wednesday, 28 January 2015 23:31

Os grupos da oposición privan a Gondomar dun aforro do 55% nos billetes autobús

No pleno extraordinario celebrado o martes no Concello de Gondomar, a oposición cós votos en contra de PSOE,  IXG, NON ADSCRITOS derriban a posibilidade de incorporarse ao plan de transporte Metropolitano da Xunta

Gondomar é o único Concello da Área Metropolitana que non poda beneficiarse dun aforro para os seus veciños do 55% no prezo do autobús, pola irresponsabilidade dos grupos da oposición CO SEU VOTO EN CONTRA.

Unha vez máis, a oposición deste Concello non pensa nos seus veciños e no aforro dun 55 % que isto lles suporía, é inexplicable que os grupos da oposición non aposten nestes momentos polos servizos públicos do transporte colectivo coma neste caso " o autobús".

Nos momentos de crise que estamos vivindo, sería moi convinte aproveitar estes descontos, que soamente suporían un coste para as arcas do Concello dun 20%, aproximadamente uns 19.000€, dos que se beneficiarían todos os gondomareños xa que a Xunta aportaría o 80% da inversión.
Esta decisión egoísta, partidista e desafortunada da oposición vai supor que os veciños de Gondomar teñan que pagar por un mesmo traxecto máis do doble polos seus billetes que os demáis usuarios da Área Metropolitana.