^ Ir arriba

novas

Monday, 26 January 2015 07:41

Xornada formativa "Queixos Galegos con Denominación de Orixe Protegida (D.O.P) " impartida no Obradoiro de Emprego "TERRAS DO MIÑOR III"

O obxectivo desta xornada formativa é dar a coñecer os alumnos-traballadores, de mans de expertos profesionais das distintas Denominacións, os distintos Queixos Galegos

O Obradoiro de Emprego "TERRAS DO MIÑOR III" acolleu a celebración da xornada formativa "Queixos Galegos con Denominación de Orixe Protegida (D.O.P) ".

A xornada foi impartida por Marisé Mosteiro en representación do Consello Regulador da D.O.P "Queixo Tetilla" e Oscar Pérez Ramiro en representación do Consello Regulador da D.O.P Arzúa Ulloa e San Simón de la Costa. E debido ás inclemencias metereolóxicas, Teresa Prado en representación da D.O.P Cebreiro, non puido asistir.

O obxectivo desta xornada formativa é dar a coñecer os alumnos-traballadores, de mans de expertos profesionais das distintas Denominacións, os distintos Queixos Galegos.

Falouse dos procesos de fabricación e características que fan especiais aos distintos queixos Galegos. Tamén os alumnos, tanto da especialidade de Operacións Básicas de Cociña como a de Servizos de Restauración, tiveron a ocasión de participar nunha cata guiada de cada un dos distintos queixos o que contribúe en boa medida a ampliar a súa formación sobre os produtos Galegos. Na devandita cata degustáronse os Queixos Tetiña, San Simón de la Costa, Arzúa Ulloa e Arzúa Ulloa Curado.

"Xornada de portas abertas"

Xornada de portas abertas na residencia de Tempo Libre en Parrulos, en relación ao Obradoiro de Emprego "TERRAS DOMINGOMIÑOR III".

O día 12/02/2015 ás 12:00h será a presentación á prensa das xornada de portas abertas.

A xornada de portas abertas será o día 10/03/2015 de 10:00h a 12:00h na que diferentes empresas do sector da hostalaría mostrarán os seus produtos.