^ Ir arriba

novas

Friday, 23 January 2015 10:49

O Concello de Gondomar tramitou un total de dez licenzas de obra no que vai de ano

Carlos Lameiro, concelleiro de Urbanismo do Concello explica que seguimos avanzando na tramitación de solicitudes de licenzas que permanecían pendentes de resolución, xunto coas novas solicitudes que entran diariamente"

No que vai de ano, o Concello de Gondomar concedeu un total de 10 licenzas, entre obras maiores e menores.

"En 2014 concedemos un total de 171 licenzas entre obras maiores e obras menores, isto supón máis dun 70% de incremento con respecto ao ano 2013 nas que concedemos un total de 100. Estes datos son moi relevantes para Gondomar, xa que indican a reactivación urbanística cun notable incremento, o cal é xerador de confianza e postos de traballo.

Carlos Lameiro, concelleiro de Urbanismo do Concello explica que seguimos avanzando na tramitación de solicitudes de licenzas que permanecían pendentes de resolución, xunto coas novas solicitudes que entran diariamente" e engade; "ademais estanse a resolver os expedientes de infracción por denuncias de todo tipo".

Por iso agradezo o gran traballo e esforzo de todo o persoal que conforma o departamento de Urbanismo que fan posible que sigamos avanzando no bo camiño", conclúe o edil.