^ Ir arriba

novas

Saturday, 20 December 2014 16:58

A Banda de Música de Vincios ofrecerá un concerto de Nadal no Hospital Xeral de Vigo

A Banda de Música da Agrupación Musical de Vincios dará un concierto o vindeiro martes día 23 de decembro aos nenos e nenas ingresados no Hospital Xeral de Vigo. Esta é a primera vez que unha banda de música ofrece un concerto solidario nun hospital de Vigo e buscan facer máis levadeira a súa estadía no hospital nunhas datas tan sinaladas. A concellería de Cultura de Gondomar e a empresa Dismac colaborarán tamén có reparto de agasallos entre os máis pequenos.