^ Ir arriba

novas

Thursday, 18 December 2014 23:20

OMIXs do Baixo Miño e Val Miñor, organizan unha viaxe á neve

A fin de semana do 27 de febreiro ao 1 de marzo tes unha cita coa neve

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Gondomar (OMIX), xunto coas de Baiona, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Porriño e Salceda de Caselas imos por en marcha unha fin de semana de esquí en San Isidro. No que podedes participar mozos e mozas maiores e menores de idade.

Todo o que desexe iniciarse neste deporte ou pasar unha boa fin de semana esquiando ten a súa cita marcada para a fin de semana do 27de febreiro ao 1 de marzo en San Isidro.

Ofértanse distintos prezos segundo necesidades, que van de 160€ a 235€ a fin de semana. En todos eles se inclúe: autobús, aloxamento, manutención, azafata acompañante e seguros. As variantes serían: con/sen fortfait, son/sen 6 horas de clase con monitores oficiais e son/sen aluguer de esquí. .
Se estás interesados ou necesitas máis información debes chamar a túa OMiX.

OMIX Gondomar 986.369.746 e inscríbete.