^ Ir arriba

novas

Thursday, 18 December 2014 23:19

Aberto o prazo de inscrición para os cursos dirixidos a maiores de 55 anos

A concellaría de Benestar Social do Concello de Gondomar recorda que permanece aberto o prazo de inscrición para os cursos de gerontogimnasia, ximnasia mental e alfabetización dixital dirixidos a maiores de 55 anos e que darán comezo o próximo ano 2015. Os interesados poderán obter maior información no departamento de Benestar Social do Concello.