^ Ir arriba

novas

Friday, 12 December 2014 18:33

Torneo Solidario para recollida de alimentos

IMG-20141212-WA0000O próximo domingo, día 14 de decembro, o Concello de Gondomar e o Club Tenis Gondomar organizan un ano máis un torneo benéfico a partir das 9.30 horas no Pavillón Municipal de Deportes e no IES Augas daLaxe.

Coa fin de recadar alimentos para as familias máis necesitadas do municipio, o Concello e o Club Tenis Gondomar organizaron un torneo solidario no que cada participante deberá achegar 2 quilos de comida non perecedoira. Un total de 120 participantes disputaranse as categorías pre benxamín, benxamín, cría, infantil e cadete dende as 9.30 horas ata as 14horas cun descanso para a merenda e unha comida conxunta ao finalizar o evento.

Todos os participantes recibirán regalos e sortearase, ademais, un lote de material deportivo entre os xogadores.

O torneo benéfico de tenis celebrado o pasado ano conseguiu reunir máis de 200 quilos de comida, que posteriormente foron repartidos polo Concello de Gondomar entre as familias máis desfavorecidas. Este ano a repartición terá lugar o día 30 de decembro.