O alcalde de Gondomar,Fernando Guitián, acompañado polo tenente de alcalde Natalia Salgueiro e a concelleira de Benestar Social, Patricia Durán, visitou na tarde de onte a Gumersinda Cortegoso Pereira para homenaxeala no seu 103 aniversario, converténdose na veciña de maior idade do municipio.
O alcalde de Gondomar, en representación do goberno municipal, fixo entrega dun ramo de flores á centenaria nun acto emotivo no que estivo presente tamén a familia da homenaxeada.