^ Ir arriba

novas

Monday, 24 November 2014 12:17

As mozas e mozos de Gondomar realizan unha campaña contra a violencia de xénero

O vindeiro día 25 de novembro, con motivo do día internacional contra a violencia de xénero, as e os alumnos de 3º e 4º de la ESO dos IES Aguas da Laxe e Terra de Turonio de Gondomar, repartirán carteis e trípticos polos diferentes comercios da localidade, así como á poboación en xeral, a partir das 10.30 horas como parte dunha campaña publicitaria de sensibilización sobre a violencia de xénero desenrolada polas propias alumnas e alumnos mediante o programa ENTÉRATE do Concello de Gondomar, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e la Secretaría Xeral de Igualdade. A partir das 12 horas las e os estudantes lerán un manifiesto fronte ao Concello onde terá lugar unha concentración en repulsa sobre a violencia de xénero.

A preparación da campaña publicitaria levouse a cabo mediante obradoiros de sensibilización nas aulas dos centros educativos con catro sesións de 100 minutos de duración cada unha, onde as alumnas e alumnos foron divididos en grupos de traballo e orientados por profesionais. Mediante debates e tormentas de ideas elixiuse o slogan, a mensaxe a transmitir e a elección de soportes publicitarios para facer chegar a mensaxe.

Culmina así, o vindeiro día 25 de novembro, un traballo colaborativo de concienciación sobre a violencia de xénero coa exposición da campaña á sociedade de Gondomar mediante carteis, publicidade en Internet, en radio e lectura dun manifiesto nunha aposta clara por parte do Concello de Gondomar de involucrar ás mozas e mozos da localidade, y á poboación en xeral, nun acto de reflexión colectiva.