Desde a súa fundación, no ano 1997, o Fondo Galego desenvolveu 150 proxectos en 25 países ademáis de promover actividades e materiais nos países máis empobrecidos.
Os 89 socios integrantes, 87 Concellos e as Deputacións de A Coruña e Lugo, colaboran nunha xestión transparente e profesional, así como na realización de proxectos nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega.
Na Asamblea Xeral celebrada onte acordouse destinar 20.000 euros a Palestina para contribuir a súa recuperación tras os últimos bombardeos israelís, e 10.000 euros á poboación afectada polo tifón Haiyan en Filipinas. Acordouse, además, cofinanciar con 150.000 euros proxectos das ONGD en países do Sur.
A Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina recibirá así 10.000 euros para apoiar o traballo dos equipos de saúde mental da entidade que atende á poboación no contexto posbélico, e os outros 10.000 euros destinaranse para a distribución de material médico e farmacéutico na Franxa mediante a Asociación Médica Hispano Palestina.
Por outra parte, cós 10.000 euros destinados a Filipinas proporcionarase refuxio e materiais de primeira necesidade ás comunidades do arquipélago.
Así mesmo, sete ONGD galegas desenvolverán proxectos de cooperación internacional en Nicaragua, Honduras, Perú, India e Guatemala para facilitar o acceso á agua dos nicaragüenses mediante a mellora de infraestructuras, mellorar a atención ás víctimas de violencia familiar e sexual en Perú ou impulsar a participación política das mulleres do rural na India.
O Concello de Gondomar mostra así o seu compromiso cos países do sur mediante a súa participación no Fondo Galego onde os socios colaboran e se reúnen para tomar decisións e aprobar proxectos que repercutan no beneficio de comunidades desfavorecidas.