^ Ir arriba

novas

Wednesday, 15 October 2014 16:51

O Concello de Gondomar acondiciona zonas de recollida de residuos

A concellaría de Medio de Gondomar acondicionou zonas de recollida de residuos nas parroquias de Donas, Borreiros e Villaza mediante limpeza, valado e sinalización.

valadoO concelleiro de Medio, Juan Carlos González Camesella, recorda que nas zonas intervidas se producían constantemente verteduras incontroladas de todo tipo mesmo naquelas recentemente acondicionadas polo Concello, que sufriron actos de vandalismo, polo que o Concello abrirá expediente sancionador contra aquelas persoas que actúen en prexuízo e deterioración das instalacións.