^ Ir arriba

novas

Wednesday, 15 October 2014 16:45

Gondomar recupera o lavadoiro de Abrollido

O Concello leva a cabo obras de mellora en diferentes parroquias coa reparación dunha curva en Morgadáns e instalación dunha marquesiña en Vincios

lavadeiro Abrollido 2O Concello de Gondomar recuperou o tradicional lavadoiro de Abrollido, na parroquia de Donas, que se encontraba en estado de deterioración debido á acumulación de sedimentos derivados das chuvias e riadas e ao amontoamento de vexetación.

Á súa vez, o Concello levou a cabo obras de mantemento, mellora e sinalización nas parroquias de Vincios, onde se instalou a petición dos veciños unha marquesiña, e Morgadáns, onde se reparou unha curva afectada pola auga subterránea da calzada que provocaba fracturas no asfalto. O Concello levou a cabo así labores de drenaxe na curva afectada e procederá ao asfaltado a finais desta semana unha vez comprobado o funcionamento das obras realizadas.