^ Ir arriba

novas

Friday, 26 September 2014 10:41

Últimas prazas para os cursos de formación online dirixidos a mulleres de Gondomar

A Concellaría de Igualdade do Concello de Gondomar recorda que o día 29 de setembro finaliza o prazo de inscrición para os cursos gratuitos de formación online dirixidos a mulleres empadroadas no municipio e que o Centro de Información da Muller (CIM) leva organizando os últimos seis años. Os cursos ofertados este año, de 85 horas de duración, abarcan as áreas de informática, xestión contable, uso profesional de redes sociais, protección de datos e prevención de riscos laborais, educación para a igualdade de oportunidades e inglés intermedio.

As interesadas deben inscribirse no Centro de Información da Muller, na Casa da Cultura, no teléfono 986 389 355 ou mediante os correos electrónicos This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. e This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.. Con este tipo de formación buscase dala oportunidade de seguir apostando pola formación das mulleres cun horario flexible que concilie a vida laboral e persnal.