^ Ir arriba

novas

Friday, 26 September 2014 10:35

Ximnasia acrobática en Gondomar a cargo de deportistas internacionais

O Club Flic Flac de ximnasia acrobática de Vigo abre este ano escola en Gondomar co fin de formar a novos deportistas nunha disciplina que ten á gondomareña Desiré Vila, como referente internacional a participar este verano no Campionato do Mundo de Ximnasia Acrobática celebrado en París.
O Club Flic Flac, con once anos de vida e máis de 200 alumnos, abre por primeira vez escola fora das inmediacións de Vigo có fin de dar a coñecer esta modalidade e dala oportunidade a deportistas internacionais de crear o seu propio grupo de traballo.
As clases comenzarán a partir do mes de outubro no IES Auga da Laxe, nas inmediacións del pavillón municipal, os mércoles de 18 horas a 20 horas. Están dirixidas a alumnos e alumnas a partir dos 5 anos de idade e os e as interesadas poden asistir a unha clase de proba sen ningún tipo de compromiso. Máis información na páxina web oficial do clube www.clubflicflac.com o no correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.