^ Ir arriba

novas

Tuesday, 23 September 2014 02:00

O clube de Tiro con Arco de Gondomar alcanza os seus primeiros éxitos

O Clube de Tiro con Arco "Serra de Gondomar", creado este ano 2014, coronou os primeros postos o pasado domingo na 1º Xornada da Liga Galega Recorridos de Bosque 3D celebrada na praia de A Lanzada. O arqueiro Rubén Rodríguez Alleres conseguiu o primeiro posto dentro da categoría menores de 14 anos sen visor e Marco Melón González fíxose co segundo premio dentro da categoría senior arco desnudo. Pola súa parte, Israel Martínez Rodríguez, na mesma categoría senior arco desnudo, alcanzou un quinto posto, posición destacable en palabras do clube, ao ser a súa primeira participación nun campeonato de este tipo.

"Serra de Gondomar" celebra así os bos resultados do clube e anima, xunto a concelleira de Deportes, Natalia Salgueiro, a participar nas escolas deportivas que o Concello organiza xunto coa Deputación de Pontevedra para o curso 2014/2015 e que ofrecen, entre outras actividades, clases de tiro con arco.