^ Ir arriba

novas

Monday, 15 September 2014 02:00

O Concello leva a pleno o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal

O Pleno terá lugar o vindeiro xoves 18 de setembro

O vindeiro día 18 de setembro votarase no Pleno Municipal a aprobación inicial do novo PXOM que a corporación municipal someterá a información pública tras a súa aprobación. Para a elaboración do planeamiento xeral o goberno de Gondomar tomou como referencia o planeamiento elaborado pola empresa adxudicataria EPTISA entregado ao Concello no ano 2011 sobre o que se realizaron algunhas modificacións. Tras meses de traballo coa empresa e reunións con grupos de concelleiros da oposición, o goberno municipal considera que o documento é o máis oportuno para conservar o medio ambiente, fomentar o desenvolvemento municipal e manter o patrimonio.

Desde o Concello recordan que no ano 1997, co acordo plenario do 9 de agosto, o Concello de Gondomar aprobaba o seu primero Plan Xeral de Ordenación Municipal . Por aquelas datas aplicábase a xa derogada Lei 1/1997, do 24 de marzo, do Solo de Galicia. Con data 15 de novembro de 2001, a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia falla mediante sentenza nº 1585/2001, estimar o recurso interposto contra o acordo do Concello de Gondomar. A sentenza foi posteriormente confirmada polo Tribunal Supremo mediante sentenza de 22 de febrero de 2005.

Tras ese momento Gondomar queda sen planeamiento polo que cambia radicalmente a clasificación do solo do municipio pasando a ser na súa gran maioría solo rústico, un tipo de solo moi protexido e limitado a efectos edificatorios pola propia Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia LOUGA. Como consecuencia, veciños e terceiras persoas interesadas en vivir no Concello non puideron realizar as súass obras de construcción, peche de parcelas, parcelamentos e outras obras relevantes nas súas propiedades así como a apertura de novos negocios importantes para o desenvolvemento municipal.

A súa chegada no ano 2011, o novo goberno a fin de solucionar a situación urbanística reuniuse cos servizos técnico e xurídico municipais para dotar de seguridade xurídica ao municipio e verificar a posibilidade de aplicar a normativa urbanística vixente con anterioridade ao PXOM do 97. Esa normativa consistiría en aplicar as ordenanzas establecidas polas Normas Complementarias e Subsidiarias da Provincia de Pontevedra do ano 1991, a delimitación dos núcleos rurais e a propia Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, LOUGA.

Como resultado do traballo municipal comenzouse a aplicar a norma e o goberno, co visto bo do servizo de urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras comenzou a outorgar licenzas urbanísticas e de actividade nos núcleos rurais, non só solo urbán consolidado se non tamén rústico. Todo isto fíxose para solventar unha situación provisional mentras se seguía coa fase de elaboración dun plan xeral acorde coas necesidades de Gondomar xa que a normativa vixente actual é moi antigua.

O documento someterase a consulta da ciudadanía dentro do período de exposición pública da fase de aprobación mediante alegacións e documentos que se consideren oportuno, e proporcionará o acceso ao documento coa oportuna asistenza técnica aclaratoria das cuestións sobre as que se teñan dúbida. Neste período de información pública o plan pode modificarse sempre que responda ao interés xeral e previo informe da procedencia da alegación.

Propostas dacordo para o Pleno d 18 de setembro

Debido á longa tramitación de aprobación do plan xeral, a corporación municipal propón o seguinte acordo para levar a cabo no Pleno que se celebrará o vindeiro xoves día 28 de setembro:

  1. Aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Gondomar con rexistro de entrada nº1902 do 31 de marzo de 2014.
  2. Suspender o procedemento de outorgamento de licenzas e comunicacións previas de obras e actividades nas áreas afectadas segundo os seguintes criterios en función dos diferentes solos:
    1. Solo urbán consolidado: só se suspenderán licenzas nos casos nos que, aínda que se cumplan as vixentes normas subsidiarias, non coincidan coa ordenación proposta no PXOM.
    2. Solo urbán non consolidado: en aqueles ámbitos nos que tanto as Normas Complementarias e Subsidiarias de Pontevedra de 1991 (NNSS) como o PXOM en tramitación estén relegados a pláns especiais de reforma interior, con independencia de que fosen parcialmente edificados, deberá suspenderse calquera iniciativa de desenvolvemento destes pláns a non ser que xa esté indicada a súa tramitación, estando pendente únicamente de aprobación definitiva e que se recolle no documento do PXOM como plan en tramitación.
    3. Solo de núcleo rural: só se concederán licenzas naqueles núcleos rurais que aparezan delimitados nas vixentes NNSS da provincia de Pontevedra de 1991 e no documento do PXOM coa delimitación e parcela mínima máis restrictiva.
    4. Solo urbanizable: non se autorizará ningunha iniciativa de planeamento de desenvolvemento.
    5. Solo rústico: as licenzas para actividades ou edificacións estarán supeditadas aos correspondentes informes sectoriais segundo as categorías de solo rústico que establece o PXOM e a autorización autonómica.

Desde o Concello informase que a suspensión de licenzas non afectará a aquelas licenzas ou comunicaciones previas relativas a obras menores de mera conservación e aquellas obras necesarias para o mantemento de uso preexistente, que en calquera caso outorgaránse sen dereito a indemnización e sen prexuizo da obtención das correspondentes autorizacións previas sectoriais. A suspensión de licenzas e comunicacións previas afecta a aqueles casos nos que as súas determinacións supoñan unha modificación do réxime urbanístico vixente e poderanse outorgar licenzas e presentar comunicacións previas de obras e actividades respetando a normativa urbanística vixente a data actual do Concello sempre que respeten as determinacións do novo plan xeral. Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos a contar desde dita aprobación e en calquera caso extinguirase coa aprobación definitiva do planeamiento.

  1. Trámite de información pública durante dous meses contados tras o día siguiente a súa publicación no DOG e nos diarios de prensa escrita.
  2. Darlle audiencia aos Concellos limítrofes polo prazo de dous meses para que podan presentar alegacións e documentos que estimen oportunos.