^ Ir arriba

novas

Thursday, 28 August 2014 09:14

A Concellería de Igualdade pon en marcha os cursos de formación on-line

Os cursos serán gratuítos, terán unha duración de entre 60 e 85 horas e haberá un total de 75 prazas

CARTEL A4

Dende a Concellería de Igualdade e través do Centro de Información á Muller (CIM) e cofinanciados pola Deputación de Pontevedra, ponse en marcha a nova oferta formativa baixo a modalidade de FORMACIÓN ON-LINE. Este tipo de formación baséase nunha metodoloxía flexible coa que xa levamos traballando estes seis últimos anos.

Ao igual que en edicións pasadas os cursos serán gratuítos, de 85 horas de formación a excepción de "Prevención de riscos laborais" que é de 60 horas, e estarán destinados preferentemente a mulleres empregadas e desempregadas empadroadas no Concello de Gondomar. Engadir que se conta cun total de 75 prazas que serán adxudicadas por orde de formalización de inscrición, sempre e cando se cumpran cos requisitos.

A oferta formativa deste ano será:

  • ­ Área de informática: Office 2010 e Open Office Writer, Calc e Base
  • ­ Área xestión contable: Contaplus, Nominaplus e Facturaplus
  • ­ Área de habilidades directivas: Uso profesional das redes sociais
  • ­ Área xurídica procedimental: Protección de datos e Prevención de riscos laborais básico
  • ­ Área igualdade de xénero: Educación para a igualdade de oportunidades
  • ­ Idiomas: Inglés intermedio

Para poder realizar algún destes cursos hai que formalizar a inscrición no Centro de Información ás Mulleres (CIM), na Casa da Cultura, telfs: 986 389 355 ou 986 360 224, e–mails: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. e This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. ata o día 30 de setembro

Mais información no seguinte enlace.