^ Ir arriba

novas

Tuesday, 26 August 2014 08:23

O Concello de Gondomar recibe dúas novas subvencións do PUSIM 2014

O pasado mércores 20 de agosto viuse de publicar no Boletín Oficial de Pontevedra (BOP) que a xunta de goberno da Deputación deu luz verde a subvencionar ao Concello de Gondomar a realización dos investimentos denominados "Saneamentos en Gándara, Peitieiros" e "Senda San Roque á Pedra, Morgadáns" incluídos no Plan urxente de mantemento de servizos e infrasestructuras municipais (PUSIM 2014).

O PUSIM 2014 ten coma obxectivo a concesión de subvencións ás entidades locais da provincia para financiar a realización de investimentos e os gastos correntes nos que incorren na súa actividade como xestores públicos.

Este plan é resultado dunha das competencias da Deputación, a cal consiste na asegurar o acceso da poboación da provincia ó conxunto de servizos mínimos municipais instrumentando para isto os pertinentes Plans de Cooperación.