^ Ir arriba

novas

Thursday, 14 August 2014 12:36

XXX Edición do Trofeo Conde de Gondomar no Campo Municipal das Gaiandas

O Gondomar C.F. enfrontarase ao Celta de Vigo, con motivo da celebración do seu centenario

O encontro será o 26 de agosto, ás 19.30 horas

O próximo 26 de agosto, disputarase a XXX edición do Trofeo Conde de Gondomar que enfrontará ao Gondomar C.F. e ao Celta de Vigo, con motivo da celebración do centenario do equipo local. O encontro terá lugar no campo municipal das Gaiandas, ás 19.30 horas.

Como vén sendo habitual, o actual Conde de Gondomar, xunto ao alcalde do municipio, Fernando Guitián e a concelleira de Deportes, Natalia Salgueiro presidirán o encontro.