^ Ir arriba

novas

Tuesday, 29 July 2014 13:19

‘Ponlle as pilas ao teu bocata’ visita o Gondoverán

Os responsables da campaña deseñada pola Consellaría do Medio Rural e do Mar realizaron un obradoiro lúdico para motivar aos nenos e nenas de Gondomar ao consumo de produtos do mar en conserva

O obradoiro incluíu xogos, actividades informativas e a elaboración de bocatas a base de conservas

Ponlle as pilas ao teu bocata2

O campamento de verán GONDOVERÁN recibiu onte, no CEIP Chano Piñeiro, a visita do programa 'Ponlle as pilas ao teu bocata', da Consellaría do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia.

Durante a xornada, os responsables desta iniciativa, que conta coa colaboración das Consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a de Sanidade e ANFACO-CECOPESCA, realizaron cos nenos e nenas do Gondoverán un obradoiro lúdico destinado a motivar ao consumo de produtos do mar en conservas e ao fomento do seu interese por estes alimentos. O taller incluíu xogos e a elaboración de bocatas a base de conservas.

A intención desta actividade é achegar aos nenos e as nenas de Gondomar as virtudes das conservas dos produtos de mar e o seu valor como fonte de enerxía, de crecemento e, tamén, de diversión.