^ Ir arriba

novas

Thursday, 24 July 2014 10:31

Patricia Durán visita os stands do Centro Juan María na súa última xornada en Gondomar

Durante tres días, a Alameda do Concello acolleu talleres de manualidades, un stand informativo e un punto de venta para divulgar e concienciar das habilidades das persoas con discapacide intelectual

talleres Juan María y niños Gondoverán

Durante tres días, os alumnos e alumnas do centro ocupacional e de día Juan María visitaron Gondomar para expoñer os traballos que realizan nos seus talleres. A concelleira de Igualdade e Benestar Social, Patricia Durán, xunto con outros membros da corporación, visitou hoxe estes stands instalados na Alameda do municipio desde o luns.

Grazas a colaboración do Concello de Gondomar, os usuarios do Centro puideron achegar aos veciños e veciñas do municipio o seu traballo. Ademais dos talleres, tamén estivo aberta unha mesa de información sobre o Centro e un posto de exposición e venta dos produtos elaborados polos propios usuarios.

Ademais de expoñer os seus traballos, estes alumnos e alumnas recibiron, onte martes e hoxe, a visita de dous grupos de nenos e nenas do campamento Gondoverán. Deste xeito, foméntase o trato e a máxima relación entre as persoas con discapacidade intelectual e os rapaces e rapazas nun ambiente lúdico, brindándolles a oportunidade de non ver a discapacidade como un problema, senón como algo que está ahí, que forma parte da persoa, pero que a persoa é moito máis que esa dificultade.

Vida en comunidade

A actividade, que tamén visita os concellos de Baiona e Nigrán, inscríbese dentro do proxecto Vida en comunidade, que pretende ofrecer aos usuarios dos centros Juan María, con discapacidade intelectual, un espazo no que divulgar e concienciar á sociedade de todas as súas habilidades e calidades.

Vida en comunidade, botou a andar en xullo do 2012 e o seu principal obxectivo é o de informar á sociedade para, así, promover a integración e inclusión das persoas con discapacidade intelectual a través de diversas actuacións de integración–inclusión na rutina diaria da comunidade.