^ Ir arriba

novas

Thursday, 24 July 2014 09:41

Últimos días para inscribirse no Campus de verán de Ciclismo que terá lugar en Gondomar

O ex – ciclista Marcos Serrano colaborará na actividade, coorganizada polo Club de Ciclista Gondomar e o Concello
Inscricións en www.concellodegondomar.info

O vindeiro luns, 28 de xullo, dará comezo o Campus de Ciclismo coorganizado polo Club de Ciclista Gondomar e o Concello, xunto coa colaboración do ex-ciclista Marcos Serrano.

Os/as interesados/as poderán atopar a ficha de inscrición na páxina web do Concello e deberán entregala no Centro de Desenvolvemento Local en horario de 09.00 a 14.00 horas.

A actividade, que se desenvolverá ata o próximo 1 de agosto, impartirase en horario de 9.30 a 13.30 horas, e está destinado a nenos/as de 6 a 16 anos. O prezo é de 35€ (inclúe a entrega dun maillot a cada un dos participantes ademais de outros agasallos). Máis información no teléfono 609.820.465 ou na dirección de correo electrónico This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it..

Sobre Marcos Serrano

Nacido en Redondela, empezou no ciclismo aos sete anos, pasando ser profesional en 1993 sendo un dos gregarios españois máis destacados da súa época.

Comezou a súa etapa de profesional no Club Kelme (1993-1998), para logo fichar polo equipo ONCE (1999-2003). No 2004 iniciou a súa andaina no Liberty Seguros ata o 2006. En 2007 fichou polo Karpin Galicia, onde disputou a súa última tempada como profesional.

En 2005, Serrano impúxose na décimo oitava etapa do Tour de Francia, disputada entre as localidades de Albi e Mende, sumando esta vitoria a outros triunfos como a Milán-Turín de 2004 ou a Volta a Galicia de 1999.