^ Ir arriba

novas

Wednesday, 16 July 2014 11:18

Aberto o prazo de inscrición para a Ludoteca Gondomar 2014

A solicitude está dispoñible no Rexistro do Concello e en www.concellodegondomar.info

Con esta iniciativa a Concellaría de Educación persegue cubrir as necesidades dos pais durante o verán e compatibilizar a vida laboral e familiar

A Concellaría de Educación poñerá en marcha, outro ano máis, a Ludoteca Gondomar 2014, dirixida a nenos e nenas do municipio con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos.

Con esta iniciativa, o departamento que dirixe Paula Bouzós busca cubrir a necesidade dos pais e nais traballadores durante a época estival. Bouzós explica que "con esta medida se pretende axudar a compatibilizar a vida laboral e familiar dos pais".

A ludoteca desenvolverase do 17 de xullo ao 15 de setembro no edificio da Unitaria de Vilaza, en horario de 09:00 a 14:30 horas de luns a venres. A programación comprende talleres, manualidades, xogos, deporte, saídas e rutas polo ámbito, con dinámicas de participación e de aprendizaxe colectiva e individual.

Os interesados poderán encontrar a solicitude de inscrición no Rexistro do Concello e en www.concellodegondomar.info.