^ Ir arriba

novas

Monday, 14 July 2014 10:28

A Concellaría de Cultura presenta a súa programación para o verán

O programa componse de distintas actividades como cine, concertos, teatro e festas

programa

A Concellaría de Cultura, que dirixe Ignacio Troncoso, acaba de presentar a programación para a tempada estival, durante os meses de xullo e agosto, entre as que podemos encontrar cine, teatro e espectáculos con artistas como Alberto Conde e Shakir Khan, Abóbriga, Moxenas, Rubén de Lis ou Rosa Cedrón, entre outros.

  • Exposición de José Luis Valverde Fernández (Soleiro): ata o próximo 20 de xullo, en horario de 18.00 a 21.00 horas os días laborables, e de 11.00 a 14.00 horas os sábados e domingos e os próximos días 10 e 11 de xullo.
  • Festas Patronais de San Benito: do 10 ao 13 de xullo.
  • Noites na Alameda: dentro das noites da Alameda englóbanse unha serie de actuacións de entretemento - concertos e danza-. As Noites na Alameda terán lugar, ás 22.30 horas, os días 17, 18, 19, 20 (20.00 horas), 25 (22.00 horas), 26, 27 de xullo e o 1, 2, 8 e 9 de agosto.
  • Teatro, música e cine nas parroquias: distintas parroquias de Gondomar serán escenario de obras teatrais e concertos durante os meses de xullo e agosto.

En xullo, o C.C. de Chaín acollerá, o día 12 ás 22.00 horas, a obra Viva a Crise de Fulano, Mengano e Citano. No día 13, a Banda Escola Infantil de Vincios ofrecerá un concerto no C.C. de Couso ás 11.00 horas, mentres que o Coro da Agrupación Musical de Vincios visitará o C.C. de Chaín ás 12.00 horas. O día 20 será a quenda do cine no C.C. de Mañufe co filme Nenos Grandes, ás 22.30 horas. O grupo de Teatro A Moura representará a obra Tecendo Mentiras, o día 27 ás 21.00 horas no C.C de Couso.

En agosto, o C.C. de Morgadáns será escenario do un concerto a cargo da Banda da Agrupación Musical de Vincios, o día 11 ás 21.30 horas. Finalmente, a compañía A Moura volve representar a obra Tecendo Mentiras, esta vez no C.C de Morgadáns, o día 12 ás 21.30 horas.

  • Cine na Coelleira: Cultura prevé proxectar un total de cinco filmes infantís o Parque da Coelleira. Serán os 3, 4, 5, 6 e 7 de agosto ás 22.30 horas.
  • Contacontos con Paula Carballeira: no CC. De Chaín e Pantano. Domingo 13 de xullo ás 20.00 (público infantil), e ás 22.30 horas (adultos).
  • II edición das Tapas do Conde: do 14 ao 17 de agosto.

E non podía faltar nesta programación para o verán, a tradicional Festa Medieval que encherá as principais rúas gondomareñas do 22 ao 24 de agosto. Nas mesmas datas, tamén terá lugar a II Feira de Artesanía e a Mostra de Oficios Artesáns; ademais da I Feira da Cervexa Artesá.