^ Ir arriba

novas

Wednesday, 09 July 2014 12:43

O Concello de Gondomar repara camiños no municipio por valor de 40.000 euros

asfaltado caminosO Concello de Gondomar vén de finalizar os traballos de mellora en dous camiños nas parroquias de Borreiros e Couso. En concreto, procedeuse ao formigonado do vial situado en Borreiros e asfaltouse un camiño en Couso, segundo explica Jesús Salgueiro, concelleiro de Vías e Obras.

Este investimento, que alcanza os 40.000 euros, foi posible grazas á obtención dunha subvención da Consellería de Medio Rural de la Xunta de Galicia.

Coa adecuación destes camiños, o Concello de Gondomar segue atendendo as necesidades dos veciños das súas parroquias e mellorando as infraestruturas e seguridade vial do municipio.