^ Ir arriba

novas

Tuesday, 08 July 2014 11:58

O Pavillón Municipal acollerá o VI Open de Tenis- Concello de Gondomar

Terá lugar do 14 ao 19 de xullo no Pavillón Municipal

Límite de inscrición: 10 de xullo, ás 22.00 horas

open gondomar

Despois da grande acollida de edicións anteriores, o Club de Tenis Gondomar, en colaboración coa Concellaría de Deportes, organiza o VI Open de Tenis- Concello de Gondomar, que terá lugar do 14 ao 19 de xullo no Pavillón Municipal.

A competición abrangue as categorías absolutas, masculina e feminina. As fases previas (masculina e feminina) disputaranse os días 14, 15 e 16; e as finais terán lugar do 17 ao 19. Os horarios dos partidos serán de 10:00 a 22:00 horas.

Os/as interesados/as en participar deberán realizar a inscrición en www.ibertenis.es, ata o 10 de xullo ás 22.00 horas. Máis información no 680 124 239, This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. ou en clubtenisgondomar.weebly.com