^ Ir arriba

novas

Tuesday, 08 July 2014 08:48

Gondomar acolle, por segundo ano consecutivo, o Campus de Verán de Fútbol de Manolo Sanchís

Ten lugar nas instalacións do campo de Fútbol Municipal de As Cercas durante o mes de xullo e dividirase en dúas quendas

Nel participan un total de 56 nenos de entre 6 e 16 anos

O Campus de fútbol de Manolo Sanchís volve, por segundo ano consecutivo, a Gondomar. Desde hoxe e ata o próximo día 11 terá lugar a primeira quenda deste campus no que participan un total de 56 nenos de entre 6 e 16 anos, e que ten por obxectivo que os pequenos perfeccionen o seu deporte favorito.

Adestramentos baixo a supervisión de Manolo Sanchís

O campus está a ter lugar nas instalacións deportivas do campo de fútbol municipal de As Cercas e realizarase en dúas quendas de cinco días cada unha, nunha primeira quenda desde o 7 ao 11 de xullo e un segundo do 14 ao 18, en horario de 10.00 a 14.00 horas e cun descanso onde os participantes recuperarán forzas cun pequeno almorzo.

No desenvolvemento do Campus os nenos e nenas realizarán adestramentos de fútbol, cada día, baixo a supervisión do mesmo Manolo Sanchís e de todo un equipo de profesionais.

Os nenos estarán divididos en tres grupos (de 6 a 9 anos, de 10 a 13 e de 14 a 16 anos), asegurando deste modo, que as características físicas e motoras sexan o máis parellas posibles e poder adaptar as actividades.

Todas as actividades se realizarán dende un enfoque recreativo, lúdico e deportivo, aínda que tamén se desenvolverán tarefas para a mellora da técnica individual de cada participante.

Cada grupo será guiado por monitores técnicos deportivos e monitores de tempo libre, que serán os encargados de vixiar que as actividades se desenvolvan con total normalidade e sen ningún perigo para os participantes.