^ Ir arriba

novas

Monday, 26 May 2014 10:48

A Xunta de Galicia acomete melloras no acceso ao vial de Clemente

Aínda que o cruzamento se sitúe no municipio de Nigrán foi o Concello de Gondomar, quen a petición de veciños de Mañufe, Donas e Borreiros, solicitou esta actuación

vial Clemente

O servizo de Conservación da Xunta de Galicia comezou as obras de mellora do acceso ao vial de Clemente.

Aínda que fisicamente este cruzamento se sitúa no municipio veciño de Nigrán, as obras realízanse a petición do Concello de Gondomar respondendo, así, as demandas dos veciños das parroquias de Mañufe, Donas e Borreiros, moitos deles usuarios deste vial.

As obras consisten na mellora da seguridade do cruzamento coa instalación de raquetas de acceso e sinalización; ademais da mellora do firme, canalización das augas pluviais e o retranqueo de puntos da iluminación pública, para o que se contou coa colaboración do Concello de Nigrán.