^ Ir arriba

novas

Wednesday, 21 May 2014 09:24

Alumnos dos conservatorios de Gondomar e Cangas realizarán un intercambio cultural os próximos 21 de maio e 4 de xuño

Ámbolos dous ás 19.00 horas

intercambio

A Concellaría de Educación do Concello de Gondomar, que dirixe Paula Bouzós, en colaboración cos pais, nais e equipos directivos dos Conservatorios "Elemental de Música de Gondomar" e "Profesional de Música de Cangas" organizan un intercambio cultural que se verá materializado con dous concertos, de entrada libre, que terán lugar mañá mércores 21 de maio en Cangas e o mércores 4 de xuño en Gondomar. Ámbolos dous ás 19.00 horas.

Neste intercambio actuarán, por parte do Cmus de Gondomar: a "Orquestra e Coro", e por parte do Cmus de Cangas: o "Gupo de clarinetes" e a "Orquestra de corda".

Os 50 alumnos do Conservatorio de Gondomar con idades comprendidas entre os oito e catorce anos interpretarán diferentes pezas para Orquestra soa como o tango "A Cumparsita" e varias acompañadas do Coro tales coma: "Falares de amor"; "Como chove miudiño" con letra da poetisa galega Rosalía de Castro.

O evento rematará cunha interpretación conxunta das agrupacións de ámbolos dous Conservatorios.