^ Ir arriba

novas

Monday, 19 May 2014 09:37

Gondomar prepara unha nova edición da Festa da Empanada

Terá lugar os días 16, 17 e 18 de maio
19 establecementos de Gondomar, Mañufe e Peitieiros participan no evento organizado dende a Comisión de Hostaleiros de Gondomar en colaboración co Concello

Fiesta Empanada 2

O Centro Neural acolleu esta mañá a presentación da 2ª edición da Festa da Empanada 'De la masa a la mesa'. As xornadas, organizadas pola Comisión de Hostaleiros de Gondomar, pertencente á Asociación de Empresarios del Val Miñor (OVALMI,) en colaboración co Concello, darán comezo hoxe e prolongaranse toda a fin de semana.

Durante as tres xornadas, os asistentes poderán gozar de multitude de especialidades de empanada casera: zamburiñas, zorza, polvo, choco, lamprea, grelos e marisco entre outras; repartidas nun total de 19 establecementos de Gondomar, Mañufe e Peitieiros. O prezo por porción será de dous euros.

Paula Bouzós, concelleira de Comercio e Turismo, afirma que "esta será unha boa oportunidade para potenciar a gastronomía e a hostalaría do municipio". Pola súa parte, o rexedor gondomareño, Fernando Guitián recoñece que estas xornadas gastronómicas son froito dunha boa e importante colaboración entre OVALMI e o propio Concello. "É moi importante involucrarse nestes actos, xa que son unha boa maneira de atraer non so aos nosos vecinos e veciñas, senón tamén a visitantes", afirma.

Á presentación desta mañá acudiron Fernando Guitián, Alcalde de Gondomar, Paula Bouzós, concelleira de Turismo do municipio y representantes da Asociación de Empresarios do Val Miñor.