^ Ir arriba

novas

Friday, 16 May 2014 09:58

Benestar Social abre o prazo para solicitar axudas para a adquisición de material escolar

As solicitudes poderán presentarse ata o 16 de xuño preferentemente

O Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, abre o prazo de presentación de solicitudes de Emerxencia Social para a adquisición de material escolar de EDUCACIÓN INFANTIL para o curso 2014-2015.

Estas axudas solicitaranse de acordo cos requisitos establecidos na Ordenanza de Emerxencia Social do Concello, xa que están destinadas a familias con escasos recursos económicos.

As familias interesadas poden recoller e presentar as solicitudes no Departamento de Benestar Social do Concello ata o 16 de xuño preferentemente.