^ Ir arriba

novas

Thursday, 15 May 2014 10:40

Volve ao Val Miñor a festa da bicicleta

O vindeiro sabádo 17 de maio, a Concellaría de Deportes do Concello de Gondomar en colaboración, coa Mancomunidade do Val Miñor e os Concellos de Baiona , Nigrán e a Deputación de Pontevedra, organizan a que será a vixesimosexta edición da Festa da Bicicleta ao Val Miñor.

A saída será ás 10:00 h., desde a rúa Urzaiz (praza do Concello), as persoas que desexen acudir a este evento lúdico-deportivo deberán estar na mesma a partires das 9:30 h. Para poder inscribirse é obrigatorio ter mínimo 7 anos, levar casco regulamentario e ser capaces de facer o percorrido dende Gondomar ata Praia Ámerica en viaxe de ida e volta.

Ao remate realizarase un sorteo no que poderemos atopar bicicletas entre outros agasallos.