^ Ir arriba

novas

Monday, 12 May 2014 11:25

Manolo Sanchís visitará Gondomar, por segundo ano consecutivo, co seu Campus de Verán de fútbol

Terá lugar nas instalacións do campo de Fútbol Municipal de As Cercas durante o mes de xullo
A inscrición xa está aberta ata que se cubran todas as prazas

O Concello de Gondomar, a través da concellaría de Deportes, colabora coa posta en marcha do 'Campus de verán Manolo Sanchís', que terá lugar nas instalacións do campo de Fútbol Municipal de As Cercas durante o mes de xullo, para nenos e nenas de entre os 6 e 16 anos.

O campus dividirase en dúas quendas que terán lugar do 7 ao 11 de xullo e do 14 ao 18, de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas.

O custo será de 100€ para as dúas semanas e 60 € para unha delas. Ademais, haberá un desconto de 10 € no primeiro irmán e desconto de 15 € a partir do segundo (dous irmáns pagarían 80 € cada un en caso de vir as dúas semanas, 3 irmáns pagarían 75 € cada un polas dúas semanas).

Os/as interesados/as xa poden reservar praza. Para facelo deberán:

  • Encher a folla de inscrición e ficha médica, dispoñibles na páxina web do Concello e nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Local.
  • Enviar os documentos á seguintes direccións: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. / This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. ou tamén poden entregalos fisicamente no CDL do municipio.
  • Unha vez recibidas as follas de inscrición a organización do Campus poñerase en contacto cos/as interesados/as para informalos de como proceder ao ingreso do diñeiro.
Actividades

No desenvolvemento do Campus os nenos/as realizarán adestramentos de fútbol, cada día, baixo a supervisión do mesmo Manolo Sanchís e de todo un equipo de profesionais que lles axudarán a mellorar as súas calidades.

Os nenos/as serán divididos por ano escolar, asegurando deste modo, que as características físicas e motoras sexan o máis parellas posibles e poder adaptar as actividades.

Todas as actividades se realizarán dende un enfoque recreativo, lúdico e deportivo, aínda que tamén se desenvolverán tarefas para a mellora da técnica individual de cada participante.

Cada grupo será guiado por monitores técnicos deportivos e monitores de tempo libre, que serán os encargados de vixiar que as actividades se desenvolvan con total normalidade e sen ningún perigo para os participantes.