^ Ir arriba

novas

Thursday, 03 April 2014 11:23

Amplíase o prazo para reservar praza para a viaxe a Cataluña que organiza Benestar Social

As persoas interesadas poden facelo ata o venres 11 de abril, no Departamento de Benestar Social, sito na Casa da Cultura

A Concellaría de Benestar Social do Concello de Gondomar informa de que se amplía o prazo para reservar praza para a viaxe a Cataluña, destinada a maiores de 55 anos.

A data da viaxe, será o día 5 do próximo mes de Maio e terá unha duración de 6 días, de luns a sábado.

O prezo da mesma é de 290 € por persoa e inclúe: desprazamento en autocar, hotel de tres estrelas na Costa Brava, pensión completa-bebidas, guía acompañante, guía local oficial en Barcelona, entrada a un bodega de cava e seguro de asistencia.

As persoas interesadas en reservar praza poderán facelo ata o venres 11 de abril. Máis información no Departamento de Benestar Social, sito na Casa da Cultura.